El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

LUGO

Lugo participará nun coloquio internacional de arqueoloxía en Alicante

06-11-2018 12:36:34

Lugo. O Concello de Lugo participará mañá no Coloquio Internacional Ruptura e continuidade do rueiro da cidade clásica no tránsito do Alto Imperio á Antigüidade Tardía, que terá lugar en Alicante. Neste simposio, organizado polo Museo Arqueológico de Alicante e que forma parte das actividades científicas do MARQ, participarán especialistas dalgunhas das máis importantes cidades con pasado romano da península ibérica (Alicante, Valencia, Cartagena, Barcelona, Tarragona, Zaragoza, Córdoba, Mérida ou Écija). Lugo aparece como a única cidade romana do Noroeste e do norte peninsular representada neste coloquio internacional, polo que a súa presenza, no mesmo, a xuízo do Goberno de Lugo, revélase como de gran importancia para dar a coñecer a cidade nos ámbitos científicos. Así mesmo, este encontro de caracter internacional serve para impulsar a cidade.    

Este coloquio servirá de intercambio de ideas e investigación sobre un tema que, a pesar de estar tratado de forma puntual noutras reunións, é susceptible de ser profundizado ao ser un fenómeno que permite visualizar dun modo evidente a transformación do modelo romano clásico aos propios do final da Antigüidade e donde aspectos como a privatización, os cambios estructurais e funcionais, así como as modificacións dentro da rede viaria urbana, merecen un estudio individualizado.   

O servizo municipal de arqueoloxía de Lugo será o encargado de representar a Lugo na cita, ao fin de que poida trasladar e aportar un reflexo da investigación e o estado da cuestión no relativo a perduración e transformación do viario romano de Lucus Augusti na etapa tan convulsa da Antigüidade tardía (séculos IV a VII d.C.). Nesta liña, o arqueólogo municipal, Enrique González Fernández, presentará unha ponencia donde se analizarán precisamente estes cambios, que no caso da antiga Lucus Augusti, se poñen en especial de manifesto coa construción da muralla a finais do século III d.C. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias