El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

ALCOA

Feijóo, sobre Alcoa: "A folla de ruta está clara"

19-10-2018 19:30:45
Núñez Feijóo (d) e Javier Fernández.

O presidente do Principado de Asturias, Javier Fernández, e o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acordaron hoxe ir da man para defender conxuntamente os dereitos dos traballadores de Alcoa, tanto na Coruña como en Avilés, ademais de urxir ao Goberno central que concrete un marco regulatorio do prezo da enerxía para o 2019 e en adiante.   

“A folla de ruta está clara”, aseverou Feijóo, referíndose a un triplo compromiso por parte das dúas comunidades: “Primeiro selar unha alianza para traballar conxuntamente entre o Principado e a Xunta. Segundo, estar en contacto cos comités de empresa para coñecer as novidades e mostrar a nosa solidariedade e comprensión ante unha decisión da empresa que consideramos pouco respectuosa cos traballadores e cos gobernos. E, por último, abrir un marco de diálogo co Goberno central de xeito inmediato”, precisou.   

Sobre este último punto, avanzou que na vindeira semana terá lugar unha xuntanza entre os conselleiros de Asturias e Galicia e o secretario de Estado de Enerxía; “e a seguinte semana, unha vez que a ministra de Industria finalice a súa viaxe a China, teremos unha reunión o presidente do Principado, as ministras Reyes Maroto e Teresa Ribera e eu mesmo”, subliñou, facendo fincapé na necesidade de que na vindeira semana “se clarifiquen as posicións, se avance nese marco e se vaia coñecendo o desenlace dunha crise que tanto o Principado como a Xunta viñemos evitando nos últimos anos”.   

Durante a rolda de prensa, ambos mandatarios coincidiron en que sen a complicidade do Goberno central non será posible solucionar a crise de Alcoa, “porque o Goberno do Estado é o único que ten competencias para concretar os prezos da enerxía para as industrias”, dixo Feijóo, aseverando que será imposible que esta empresa reconsidere a súa proposta se o Goberno central non establece en semanas un marco regulatorio e se non se establece un calendario para aboar a partida de 150 millóns de euros que está nos Orzamentos para as empresas electrointensivas.   

“Sempre atopamos unha fórmula para que Alcoa puidese manter as súas factorías abertas e o emprego estivese asegurado. Estou convencido de que se Alcoa di exactamente cal é o problema poderemos enfocalo e buscar alternativas”, abundou.   

Así mesmo, os dous presidentes, pediron corresponsabilidade á empresa por unha decisión tan drástica e moi difícil de entender ante a falla de explicacións. “Parécenos que esa non é unha forma de traballar, que non hai ningunha empresa que poida presentar un ultimato en semanas para pechar unhas factorías que dan emprego a 800 persoas de forma directa, máis todos os empregos indirectos”, afirmou Alberto Núñez Feijóo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias