El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

LUGO

Lugo acollerá un Congreso Iberoamericano sobre cultura e memoria

04-10-2018 18:54:42
Presentación do Congreso Iberoamericano.

Lugo. A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, anunciou hoxe unha nova cita que acollerá Lugo: o I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria, un dos poucos desta temática e tipoloxía que se celebran en España. Trátase dunhas xornadas organizadas polo Concello e a USC, no marco da celebración do 70 aniversario do camposanto lugués, que versarán sobre As perspectivas da morte e que terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro no auditorio do Vello Cárcere. 

Tal e como explicou Rielo, esta actividade, que se enmarca dentro do convenio de colaboración subscrito entre ambas as dúas entidades, pretende profundar no tema da morte, e vén a afianzar a dinámica de traballo interdisciplinar levado a cabo neste últimos anos entre Concello e USC, que ten consolidado xa logros importantes no ámbito da cultura funeraria. 

O programa abrangue distintos eixes temáticos: representacións da morte na historia, ritos funerarios e morte nas distintas culturas, antropoloxía da morte e grandes cemiterios monumentais. Haberá conferencias, comunicacións e mesas redondas; todo elo cun obxectivo: crear un foro de debate e estudo das distintas achegas científicas e de investigacións que neste ámbito proporcionen información precisa a través da cal poder abordar conceptual e culturalmente a morte.  

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse, de xeito gratuíto, ata o 27 de novembro, a través da nova web do Cemiterio Municipal, cemiterio.lugo.gal; un site que tamén presentou esta mañá a Concelleira. Nel poderase atopar dende información xeeral aos distintos galardóns que ten o cemiterio (Mellor monumento funerario e Mellor Actividade de Portas Abertas); pasando por unha galería e actividades. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias