El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación convida aos centros educativos a participar no programa de turismo escolar

10-09-2018 14:54:18

A Coruña. Nun novo inicio de curso, a área de Turismod a Deputación da Coruña convida aos centros educativos e aos propios concellos a participar nas actividades do programa de Turismo Escolar, encamiñado a que nenas e nenos coñezan o patrimonio natural, histórico e artístico da Coruña. 

A Área de Turismo da Deputación convida a participar no programa dirixido a escolares de entre 4 e 16 anos, nas visitas para coñecer o patrimonio cultural e natural cunha oferta de cinco rutas que van da pegada romana no Mandeo ás testemuñas de pedra no Castelo de Vimianzo, pasando polo achegamento á tradición da olería en Buño. A esta oferta deseñada pola deputación incorporáronse recentemente os recursos ofertados polos concellos.


Rutas e recursos no territorio

As rutas propostas pola Deputación camiñan por algúns dos máis interesantes destinos para vivir a historia e coñecer o patrimonio máis próximo. En "Testemuñas de pedra" percorrerán o Pazo das Torres do Allo e o Castelo de Vimianzo, "Ritual e tradición", nace coa idea de coñecer a tradición da olería no Ecomuseo Forno do Forte en Buño e a historia no Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños. De escolleren a ruta "Romanos no Mandeo" visitarán o Centro de Interpretación de Teixeiro (Curtis) coa súa dupla función, divulgativa, a través do centro de interpretación, e formativa, xa que o centro acolle cursos, obradoiros e serve como albergue. Por último, "O segredo do Eume", ofrece rutas que atravesan o corazón das Fragas do Eume, e que lles permitirá aos pequenos descubrir a historia do Mosteiro de Caaveiro e "O bosque animado", que percorre o Pazo de Mariñán e a Casa de Wenceslao Fernández Flórez autor da obra do mesmo nome localizada ao redor da súa casa, ás portas do encoro de Cecebre. 

As propostas están abertas a que cada centro de ensino introduza modificacións no itinerario e mesmo combine os máis apropiados para os seus intereses educativos. 

"O programa de turismo escolar supón unha iniciativa para dar a coñecer o patrimonio as novas xeracións, con itinerarios que son formativos e divertidos ao tempo, con experiencias singulares que formarán parte da súa memoria e contribuirán a crear turistas conscientes e cos ollos abertos aos recursos naturais e artísticos", sinala o responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. 

O Museo etnográfico da Capela, a ecoescola das Pontes, Santo André de Teixido en Cedeira, o castelo de Moeche, o Museo do Mar de Laxe, o Museo do Humor de Fene, a ruta Pondaliana, a Fraga do Eume en Pontedeume, o Muíño de mareas de Muros, a Casa Museo de Manuel Antonio ou a horta de froitas autóctonas en San Sadurniño son algúns dos setenta recursos que se incorporan á oferta despois de que a Área de Turismo da Deputación convidara aos concellos a sumar os seus recursos históricos, patrimoniais e naturais ao catálogo de Turismo Escolar que se lles ofrece aos distintos centros de ensino da provincia. Máis información 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias