El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

GALICIA | POLITICA

Paula Prado: "Abel Caballero puido montar un Madrid Arena á viguesa"

17-08-2018 16:00:42
Paula Prado.

“Abel Caballero puido montar un Madrid Arena á viguesa e iso é o que lle esiximos que explique”, salientou Paula Prado, quen pediu absoluta transparencia ao concello de Vigo. Tal e como salientou a vicevoceira parlamentaria do PPdeG, tras case unha semana despois do acontecido no Marisquiño, “non soamente non se están despexando as dúbidas, senón que conforme pasan os días aparecen novos interrogantes”.   

É por iso polo que reclama o acceso a toda a documentación “dun evento promovido e autorizado polo Concello de Vigo, baixo as súas normas e baixo as súas regras” e que se saldou con máis de 460 feridos. “É difícil de entender que Abel Caballero se arrogue a capacidade para suspender partidos da Liga española de fútbol, en base a unha autoridade que exerce co seu tradicional e histriónico personalismo, e á vez poida autorizar a celebración dun evento como o do Marisquiño con deficiencias severas en canto á seguridade”, indicou.   

Para Paula Prado –a quen lle resulta sorprendente que a día de hoxe o concello nin tan sequera fixera pública a licenza municipal para celebrar o evento-, cada día que pasa “estréitase máis a soga sobre a corporación municipal e sobre o seu alcalde”. Dada a gravidade do acontecido, Abel Caballero, que en máis dunha ocasión ten feito da sobreproxección mediática un modo de facer política, xa debería ter dado explicacións máis que detalladas sobre o acontecido: “Confiamos en que a demora non teña que ver cunha fabricación expresa de ningún expediente”.   

A representante popular lamentou que o rexedor prefira subirse a un escenario de teloneiro, en lugar de garantir a seguridade dos eventos que organiza o concello: “Ser alcalde non implica subirse a un escenario para facer de teloneiro de ningún grupo musical. Ser alcalde implica garantir a seguridade de todas as persoas que acoden a un evento ou concerto. Esa é a verdadeira responsabilidade dun alcalde”.   

Subliñou que canto máis tarde Abel Caballero en dar unha explicación convincente que despexe todas as dúbidas sobre a súa actuación “máis intensas serán as nosas reclamacións”. “Despois de máis de 460 feridos, non poden seguir os mesmos que non foron capaces de garantir a seguridade das persoas nin poden facer o mesmo á hora de organizar eventos culturais ou deportivos”, indicou. Neste senso, animou aos afectados a que reclamen os seus dereitos e pidan indemnizacións.   

Para finalizar, Paula Prado avanzou que o PPdeG seguirá pedindo explicacións en todos os ámbitos que sexan necesarios: “O alcalde xa se pode dar por enterado de que imos seguir reclamando información para que as máis de 460 persoas feridas saiban que pasou esa noite”. “E, sobre todo, para sacar da xestión pública –engadiu- a persoas que non poden garantir que isto non volva a pasar”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias