El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

VIGO

Un total de 377 persoas foron atendidas polo esborralle en Vigo

13-08-2018 21:06:58
Accidente registrado en Vigo.

Un total de 377 persoas foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais, a raíz do esborralle dunha pasarela de madeira no festival de deporte e cultura urbana "O Marisquiño" que se celebra en Vigo.

A Consellería de Sanidade informa que permanecen ingresadas sete persoas que resultaron feridas onte nun dos concertos do festival do Marisquiño. Tres dos feridos están ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro (un deles na UCI), outro paciente ingresado foi trasladado dende o Hospital Álvaro Cunqueiro ao Hospital Universitario de Santiago, e outros tres permanecen ingresados no Hospital Povisa.

Os feridos de distinta consideración no accidente, foron atendidas entre a madrugada e a mañá de hoxe, nos distintos dispositivos asistenciais. Por centros, 172 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 35 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 94 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 3 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061. Na Central de Urxencias do 061 atendéronse, durante o día de hoxe, un total 80 de chamadas solicitando información do accidente. 

Os recursos mobilizados para atender aos feridos foron 5 UVIs, 12 ambulancias de soporte vital básico, 24 ambulancias de apoio, 3 ambulancias de Cruz Vermella, 2 equipos sanitarios do PAC, 3 vehículos de apoio loxístico e 1 vehículo de Protección Civil. Sinalar, ademais, que no lugar do accidente, o 061 instalou un posto de mando médico, un punto de triaxe inicial e un posto de carga de ambulancias.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias