El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Deputación e Cogami promoven a inserción laboral das persoas con discapacidade cun novo programa

03-08-2018 17:20:57
Firma do convenio.

A Coruña. A Deputación da Coruña e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) asinaron esta mañá un novo convenio de colaboración co ánimo de facilitar a inserción laboral das persoas con discapacidade.

O deputado e responsable da área de Promoción Económica e Emprego, Xosé Luís García, e o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que a institución provincial contribuirá con 90.686 euros ao financiamento do “Programa de Intermediación Laboral” que anualmente organiza a entidade sen ánimo de lucro.

A Deputación da Coruña consignou unha partida económica que ten por obxectivo impulsar un programa no que se inscriben anualmente máis de 12.000 persoas da provincia da Coruña como demandantes de emprego. Así, a  iniciativa ten por obxecto orientar, formar e realizar actividades que potencien a contratación de persoas con discapacidade.

Tras a sinatura do convenio, o responsable da área de Emprego da Deputación da Coruña, Xosé Luís García, puxo en valor “o grande traballo que realiza Cogami en toda a provincia”, e sinalou que colaborar con esta entidade “é unha obriga”, de acordo a trascendencia en materia de integración social das persoas con discapacidade, que deriva dos servizos que presta.

Pola súa parte, o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, explicou que o Programa de Intermediación Laboral conseguíu o pasado ano que 916 persoas con discapacidade atopasen emprego na provincia da Coruña, e que, entre os meses de xaneiro e xullo do presente ano, outras 272 pasaran a incorporarse ao mercado laboral.

Sestayo agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña neste programa de inserción laboral, dado que “incide nun dos ámbitos onde as persoas con discapacidade presentan unha maior vulnerabilidade”, apuntando que a tasa de paro “case triplica” á da poboación xeral.

Así, pechou a súa intervención apuntando que “é necesario seguir actuando neste ámbito”, pois, o “emprego é fundamental para a inserción social, autonomía e empoderamento das persoas con discapacidade”. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias