El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación apoia as actividades de trinta fundacións culturais

19-07-2018 16:34:43
Goretti Sanmartín.

A Coruña. A Deputación da Coruña destina 483.713 euros para financiar actividades de trinta fundacións e entidades sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretacións ou bibliotecas. 

A área de cultura apoia a través desta liña de concorrencia competitiva a programación cultural do Museo do Pobo Galego, a Fundación Luís Seoane, o Museo Terra de Melide, a Fundación Granell, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester ou a Biblioteca da Casa Consulado.

Case medio millón de euros é a cantidade que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina ao apoio a actividades organizadas por Museos e Fundacións como figura na resolución da liña de axudas que sae publicada este xoves día 19 de xullo no BOP.

"Con esta liña de axudas, que se convocan por segundo ano consecutivo, a Deputación da Coruña quere consolidar o apoio ás Fundacións e Museos que son protagonistas dun labor cultural de grande relevancia en todo o territorio", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei para quen esta convocatoria contribúe a "darlle estabilidade ás entidades para o desenvolvemento das súas actividades".

Nos programas financiados pola Deputación da Coruña atópanse actividades como xestión de visitas, catalogación e dixitalización de fondos, iniciativas de difusión cultural, cursos formativos de xestión, ciclos de cine, actualización tecnolóxica ou promoción dos fondos das entidades. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias