El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

RIANXO

Preto de 20 actividades animan a VI Feira do Libro de Rianxo

19-07-2018 14:07:52

Rianxo. A Feira do Libro de Rianxo ofrece un programa de actividades para todas as idades, que deron comezo cun acto inaugural que contou co pregón do escritor Carlos Callón. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, lembrou que Rianxo é terra de grandes escritores “que fixeron e seguen a facer desta fermosa vila un destacado berce creativo das nosas letras e da nosa cultura”.

Durante os catro días de celebración, ata o domingo 22, terán lugar na praza de Castelao preto de 20 actividades relacionadas coa promoción da lectura e o mundo da cultura, pensadas para todos os públicos. Presentacións e sinaturas de libros, música en vivo, obradoiros e actividades infantís encherán de vida este céntrico enclave da vila. A Libraría Pedreira, Ler Librarías, Aenea, Editorial Galaxia, Urco Editora, Libraría Cándido, Libraría Cortizas, Libraría Cartabón, Arigató Riveira, A Libraría de Rosa, Libraría Ben e a Deputación da Coruña participan nesta edición da feira.

Ademais, no encontro estarán presentes varios autores locais, como Xesús Santos, que presenta a biografía doutro rianxeiro, Xesús Redondo, titulada Alentos e desalentos dun de tantos; Amanda Seibiel trae á feira da súa vila natal o seu novo libro, Solo quiero morir a tu lado; e José Ricardo Losada presenta unha publicación sobre outro rianxeiro ilustre, Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego. Sen esquecer a Xosé Duncán ou á ilustradora Lara Torres, que falará de libros co escritor Héctor Pose. Outros autores que estarán na feira son Maite Mosconi, Manuel Miragaia, Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes.

Na inauguración estiveron tamén presentes o vicepresidente da Federación de Librerías de Galicia, Antón Pedreira, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o alcalde da vila, Adolfo Muíños.


As citas cos libros continúan por toda Galicia

As Feiras do Libro de Galicia 2018 percorren ata o 25 de agosto un total de 16 concellos. Despois do domingo, cando deixe Rianxo, a cita trasladarase a Ponteareas, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos. A Consellería de Cultura e Educación colabora con esta iniciativa coa achega, a través da Secretaría Xeral de Cultura, de 120.000 euros para o desenvolvemento desta programación. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias