El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

Máis de cen concellos benefícianse das axudas para a promoción do uso do galego

16-07-2018 18:48:19

111 concellos galegos benefícianse das axudas para a promoción do uso do galego desde o ámbito local convocadas no mes de marzo pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O departamento publicou o pasado venres no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de xullo de 2018 pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 16 de marzo de 2018.

As axudas distribúense na totalidade das entidades locais que solicitaron -individualmente ou agrupados con outros para alcanzar os 3000 habitantes que esixe a convocatoria- subvención para a prestación de servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades posibles: creación dun servizo lingüístico, mantemento dun servizo existente ou implementación de programas de dinamización lingüística. Así, as subvencións apoian a creación de 5 novas unidades técnicas de traballo que, de maneira compartida, lle darán servizo a 15 concellos; o mantemento de 41 xa existentes que lle dan servizo a outros 50 e a programación de actividades propias de dinamización lingüística noutros 46.

As contías asignadas pódense consultar no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal. As entidades beneficiarias poderán imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2018.


Mantemento ou creación de novos servizos e dinamización lingüística

En virtude desta convocatoria, apóiase a continuidade da actividade de 41 servizos lingüísticos xa existentes que lle dan cobertura a un total de 50 municipios das catro provincias galegas; ademais, créanse 5 novas unidades de traballo técnico que lles darán servizo a outros 15 concellos: Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Montederramo, Parada de Sil, San Xoán de Río, A Teixeira, Vilamarín, A Peroxa, Castrelo de Miño, Baños de Molgas, Carballedo, Chantada, San Cristovo de Cea, Quiroga e Ribas de Sil.

Para alén disto, as subvencións apoian o financiamento de diferentes programas de dinamización, tanto nos concellos que contan con servizo lingüístico coma noutros 46 que, malia non dispoñer del, recibirán axuda para desenvolver actividades ou campañas de promoción do uso do galego, nomeadamente aquelas que redunden no aumento da presenza do galego no tecido económico empresarial (en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 que está a desenvolver a Xunta de Galicia), no deporte, na mocidade, nas TIC e nos servizos sociais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias