El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "O PP e Feijóo enganaron a Galicia"

09-07-2018 17:43:52
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este luns un encontro coa nova subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba, para abordar “a nova etapa” que se abre con Pedro Sánchez na Moncloa. O seu goberno, dixo, “está devolvendo a esperanza e a ilusión na política a milleiros de cidadáns”.   

E, dado que o ascenso ao goberno de Pedro Sánchez se ten producido hai apenas “cinco semanas”, Gonzalo Caballero amosou a súa “incredulidade” ao ver agora ao PP “reclamar todo o que non fixo e sobre o que Feijóo calou cando non se cumprían os compromisos con Galicia”.   

Nese senso, o máximo dirixente do PSdeG subliñou que “Feijóo foi o perfecto cómplice de Rajoy cando deixou de gastar en Galicia 2.000 millóns que estaban orzamentados”; na “inauguración fraudulenta da ponte de Rande”, que aínda onte rexistraba “retencións quilométricas” mentres se manteñen varios carrís pechados ao tráfico; ou no “novo engano” relativo á retirada da peaxe de Redondela.   

“O PP e Feijóo enganaron a Galicia, e cremos que é surrealista que quen foi cómplice desas fraudes intente reclamar agora”, sentenciou Gonzalo Caballero, quen atribuíu estas intervencións de Feijóo a que “ten perdido o rumbo” despois do seu intento de desembarcar en Madrid e de “errar” no candidato que apoiou nas primarias do PP.   

Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas galegos sostivo que “non hai unha soa decisión” tomada polo novo goberno “que poida atrasar ni un só segundo a chegada do AVE a Galicia”. Tanto é así, proseguiu, que o ministro de Fomento xa trasladou a ADIF, dirixido por unha galega, que “todo o previsto se faga con celeridade”. “Nos dedicaremos a facer ben o que Rajoy e Feijóo fixeron mal”, concluíu. 


"Exemplaridade"     

E, tras soster que o novo goberno “é crible nos seus compromisos”, tamén puxo o foco en que se distingue do anterior na súa aposta pola “dignidade e exemplaridade na acción pública”.   

Ao fío disto, o líder do PSdeG sinalou a Feijóo que ten na votación que mañá terá lugar no Parlamento sobre a continuidade da valedora unha ocasión “óptima para amosar o seu compromiso coa limpeza e o seu respecto ás decisións xudiciais”.   

“O PP non foi capaz de recoñecer a importancia da Gürtel e, agora, se se quere rexenerar, ten que empezar a tomar medidas claras de loita contra a corrupción e a prol da exemplaridade”, recalcou Gonzalo Caballero.


"Colaboración"   

En canto á visita a Pontevedra do secretario xeral, a nova subdelegada do goberno, Maica Larriba, agradeceu ante os medios “a visita dun compañeiro e amigo” con quen “vai continuar a colaboración” xa existente entre ambos.   

“Colaboración nesta nova andaina que iniciamos entre todos, para facer chegar a todas as provincias os obxectivos e os compromisos do goberno de Pedro Sánchez”, subliñou Larriba. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias