El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

As comarcas da Coruña, Betanzos e Ferrol gozaron do primeiro campamento deportivo da Deputación

06-07-2018 18:03:11
Campamentos deportivos de verán da Deputación.

A primeira quenda dos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña rematou este venres e contou coa participación de cen nenos e nenas dos concellos de Abegondo, Ares, Betanzos, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Irixoa, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Paderne, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño, e Vilarmaior. 

Durante a súa estadía, os rapaces e as rapazas contaron cun amplo programa de actividades que incluíu dende actividades náuticas, sendeirismo, fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic ou baile ata a visita a lugares de interese como á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e o xardín de San Carlos. 

O programa cultural completouse con veladas nocturnas nas que os nenos e nenas desenvolveron actividades e xogos de cara a fomentar a comunicación, a convivencia, o intercambio experiencias e o respecto polos demais.


O domingo comeza a segunda quenda

Este domingo comeza a segunda quenda que se desenvolverá ata o 13 de xullo e na que participarán de novo 100 nenos e nenas dos concellos de Aranga, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Boimorto, Cambre, Carra, Coirós, Culleredo, Curtis, Frades, Melide, Mesía, O Pino, Oleiros, Ordes, Oroso, Oza-Cesuras, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar. 

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade (ambas incluídas) e desenvólvense no centro Calvo Sotelo, no concello da Coruña, en catro quendas: a primeira, xa rematada, do 1 ao 6 de xullo, e as sucesivas, do 8 ao 13 de xullo, do 15 ao 20 de xullo e do 22 ao 27 de xullo. En cada quenda participan un total de 100 rapaces e rapazas que están supervisados en todo momento por 10 monitores titulados e unha directora de campamento. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias