El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

BETANZOS

A Deputación leva a pleno o financiamento das obras de rehabilitación do Pasatempo de Betanzos

22-03-2018 21:40:49

A Deputación da Coruña aprobará no pleno de mañá venres, 23 de marzo, unha dotación económica de 598.998,40 euros que se destinarán ás obras de rehabilitación do Pasatempo de Betanzos. 

Esta partida, incluída nun expediente de modificación de créditos por importe de 5 millóns de euros, servirá para sufragar conxuntamente co Concello de Betanzos, que achegará outros 150.000 €, os traballos de recuperación deste parque enciclopédico único no seu xénero, construído polos irmáns García Naveira entre finais do século XIX e principios do XX. 

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou hoxe que esta partida “supón un esforzo económico importante por parte da Deputación” e “responde ao compromiso adquirido por este Goberno provincial para apoiar ao Concello na recuperación e posta en valor dun ben singular, dun espazo de referencia para Betanzos”, aínda que lembrou que a lexislación vixente establece claramente que a conservación do patrimonio cultural e histórico é competencia da Xunta de Galicia. 

Pola súa banda, o alcalde de Betanzos agradeceu á Deputación a achega e “o interese persoal do presidente para que a recuperación do parque sexa unha realidade a curto prazo”. 

Ramón Vázquez e González Formoso esperan que unha vez aprobada esta achega económica poida formalizarse proximamente o convenio entre a Deputación e o Concello para o financiamento das obras, que inicialmente suporán un investimento total de 750.000 euros. 

A partir de ese momento, procederíase á contratación por parte do Concello do proxecto, que terá como base a memoria elaborada por un grupo de expertos. 

O alcalde de Betanzos espera que outras administracións sigan os pasos da Deputación e “poidamos establecer colaboracións de financiamento a maiores destes 750.000 euros”. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias