El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

Feijóo destaca a importancia de coñocer a Galicia que fomos para entender a Galicia que somos

22-03-2018 21:17:04
Núñez Feijóo (c), presidente da Xunta.

Vilagarcía de Arousa.- O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, destacou hoxe, na presentación da novela Volveré a buscarte de Pilar Cernuda, a importancia de coñecer a Galicia que fomos para entender a Galicia que somos.    

“Nestes tempos nos cales moitos tratan de reescribir a historia, ter unha idea certeira do que fomos é máis importante que nunca”, aseverou, subliñando que nesta obra, ademais da historia dos protagonistas está escrita tamén gran parte da nosa historia colectiva, da nosa identidade.    
Durante a presentación, o responsable do Executivo autonómico afirmou que o lector ten entre as páxinas deste libro a crónica novelada de todo un século, o relato dun país no que a necesidade e o illamento non foron impedimento para saír adiante.    

Sobre este punto, lembrou que a emigración forma parte indisoluble do século XX en Galicia; “e gran parte do interese desta obra radica en que repara en todas as súas arestas”, dixo, incidindo en que en todo ese proceso que marcou as xeracións dos nosos devanceiros, Pilar artellou o retrato dos que marcharon, pero tamén dos que quedaron.    

Así mesmo, aseverou que no seu libro, quen o descoñeza comprenderá un pouco mellor o carácter aberto que temos os galegos. “Non en van, o esforzo de aqueles galegos permitiu ir tecendo unha relación con outros pobos que hoxe conservamos e da que somos depositarios orgullosos”, dixo.    

O presidente do Goberno galego quixo concluír a súa intervención cunhas palabras de afecto para os familiares e amigos de José González, “galego querido a ambos os lados do mar, cuxa recente morte nos consternou a todos”, sentenciou.    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias