El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

Juan Bermúdez gaña o mellor artigo de química dun investigador novo

20-03-2018 20:21:39
Juan Manuel Bermúdez García.

A Coruña.- O investigador da Universidade da Coruña Juan Manuel Bermúdez García vén de recibir o Premio ao Mellor Artigo publicado por un investigador novo outorgado polo Grupo Especializado en Química do Estado Sólido da Real Sociedad Española de Química. O artigo, que foi publicado en Nature Communications “Giant barocaloric effect in the ferroic organic-inorganic hybrid perovskite under easily accessible pressures” explica o descubrimento dos investigadores Juan M. Bermúdez García, Manuel Sánchez Andújar e Socorro Castro García, do grupo Química Molecular e de Materiais, QUIMOLMAT, da Facultade de Ciencias, con sede no Centro de Investigación Científicas Avanzadas (CICA), e Jorge López Beceiro e Ramón Artiaga, do grupo de investigación Propiedades térmicas e reolóxicas dos materiais, PROTERM, da Escola Politécnica Superior, xunto coa catedrática María Antonia Señarís Rodríguez, do grupo QUILMOMAT e directora do traballo, dun novo material para a refrixeración menos contaminante e máis barato.  

Os científicos coruñeses propoñen o uso de materiais calóricos como alternativa aos gases de refrixeración, perigosos e contaminantes. A proposta, barata e non contaminante, permitirá facer sistemas de refrixeración máis compactos e eficientes, moi útiles nos dispositivos electrónicos. O traballo foi distinguido tamén co Premio de Investigación Ernesto Viéitez da Real Academia Galega de Ciencias en 2017. 

Bermúdez impartiu unha charla divulgativa sobre a súa investigación no evento TEDxGalicia , que vén ademais de editar o vídeo da súa intervención.

 O famoso artigo xurdiu da tese de doutoramento de Bermúdez García na que estaba a investigar novos materiais orgánicos-inorgánicos para aplicacións tecnolóxicas, enerxéticas e medioambientais. Deste xeito, o grupo descubriu que o material do artigo é un sólido cun efecto calórico moi prometedor para refrixeración inducido por baixas presións. Este é o primeir exemplo dun material sólido orgánico-inorgánico con efectos barocalóricos. Ademais é a primeira vez que se reduce enormemente a presión necesaria para exercer un efecto de refrixeración nun sólido. Ata agora todos os materiais sólidos de refrixeración necesitaban presións de traballo por riba de 1.000 bar (unhas 1.000 veces superior á presión atmosférica) e por primeira vez conseguiuse reducir esa presión por debaixo dos 70 bar, achegándonos á presión que poden acadar os compresores das neveiras actuais. 

Este material pertence á familia das perovskitas híbridas (materiais emerxentes que teñen unha gran versatilidade estrutural e un gran número de aplicacións, como por exemplo materiais fotovoltáicos). Por iso, este grupo de investigación da UDC decidiu acuñar o termo “perovskiña” en honor á orixe galega do descubrimento, que xa se está usando pola comunidade científica. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias