El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Pazo de Mariñán será durante esta semana o centro do Dereito Administrativo Iberoamericano

19-03-2018 15:49:00
xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano.

A Coruña.- Preto dun centenar de expertos en Dereito administrativo de catorce universidades de España, Arxentina, Nicaragua, Uruguay, Costa Rica, Venezuela, México, Colombia, Perú e Brasil participan durante este semana no Pazo de Mariñán (Bergondo) na XI edición das xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, que esta mañá foron inauguradas polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril, e o catedrático da institución académica coruñesa e organizador do simposio, Jaime Rodríguez-Arana. 

O presidente da Deputación deu a benvida á Coruña aos asistentes e destacou a longa traxectoria de colaboración entre a Deputación e a UDC para a organización deste evento académico, que este ano chega á súa undécima edición. “Hai xa once anos que o Pazo de Mariñán acolle estas Xornadas de Dereito Administrativo. En todo este tempo, máis de cincocentos xuristas de ambos lados do Atlántico tiveron a oportunidade de compartir ideas e coñecementos sobre distintos aspectos desta rama do Dereito, sempre buscando un mellor funcionamento e unha mellor eficiencia da administración pública da que se beneficie o conxunto da sociedade”, afirmou. 

González Formoso agradeceu o importante traballo desenvolvido pola UDC para “converter á provincia da Coruña no centro do Dereito Administrativo Iberoamericano” e lembrou que a Deputación vén de publicar dous volumes dos “Cadernos de Mariñán” coas conclusións dos encontros de 2015 e 2016. 

As xornadas comezaron hoxe cunha conferencia inaugural a cargo do profesor José Luis Meilán Gil e dúas mesas redondas sobre a cláusula do Estado social de Dereito e o interese xeral no Estado democrático de Dereito. 

Calide dos servizos sociais, esixibilidade dos dereitos sociais fundamentais, exemplos de boas prácticas na administración ou urbanismo en Iberoamérica serán algúns dos temas que se abordarán nestas xornadas, que clausurará o profesor da Universidade Bocconi (Milán), Giuseppe Franco, o vindeiro venres. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias