El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación colabora co Mercado da Primavera do Valadouro

19-03-2018 11:16:58
Presentado a XII Edición do Mercado Tradicional.

Lugo.- A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde do Concello do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, e o Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao González, presentaron este luns no Pazo de San Marcos, a XII Edición do Mercado Tradicional da Primavera do Valadouro que se celebrará os días 23 e 24 de marzo, no que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 6.000 euros.O Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamenteeste evento, no que colaboran diversas asociacións da vila.   

García Porto avanzou“que nesta cita participarán preto de 90 postos con toda clase de produtos autótonos, como mel, pan, empanadas, embutidos, así como outro tipo de stans con outro tipo de mercadorías como roupa, calzado ou artesanía. Polo tanto, esta cita é unha oportunidade única para visitar a Mariña Lucense, e ao mesmo tempo desfrutar dun Mercado tradicional con todo tipo de eventos como o desfile de zocas, a ruta de tapas ou os xogos tradicionais”.   

O alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda agradeceu a colaboración da Deputación e convidou a todos os visitantes a achegarse á vila nestas datas para vivir unha auténtica festa tradicional de antano, nun enclave único como é o Valadouro. Ademais avanzou que haberá “novidades como a exposición sobre os zoqueiros do Valadouro, de Pepe Blanco, que estará na Casa da Cultura entre o 23 de marzo e o 27 de abril, e a representación de oficios tradicionais con demostracións de ferreiros, zoqueiros ou artesáns”.   

O Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao, sinalou “que un dos pratos fortes do Mercado será o xa famoso desfile tradicionalde zocas, zocos e roupa tradicional,no que participarán todas as categorías.A xornada rematará co concerto na Praza da Banda da Balbina, e co primeiro Zocan´rolldo Valadouro, co mítico grupo galego Astarot”.


23 e 24 de marzo

O mercado, comeza o día 23 de marzo co pregón a cargo do escritor mariñán, Lionel Rexes. Será no salón de actos da Casa da Cultura, ás 21:30 horas, despois do pasarrúas co que vai amenizar Amado Lar, polas rúas da vila. Para rematar esta xornada, haberá unha exhibición de baile en zocas no Salón de Actos da Casa da Cultura.   

O día grande o 24 de marzo, sábado,será unha xornada con moita actividade, coa apertura do mercado dos postos de venda ás 10:00 da mañá, durante toda o día. Estarán abertos nas rúas Andrés López Palmeiro, Plaza de Santa María, Parque Concepción Arenal e a Explanada do Matadero. 

Na Praza de Santa María poderase aprender o arte da pesca,coa colaboración da asociación de pescadores "Amigos do Ouro", tamén darun paseo en cabalo ou mesmo participar en xogos tradicionais a carón da piscina. Como novidade, este ano haberá unha actividade de tiro con arco para todos os públicos no aparcadoiro da rúa Andrés López Palmeiro.

Na mesma liña de outras edicións, estará presente o mítico foto enxebre, onde os visitantes poderán obter unha fotografía destavisita. A nota musical enxebre pona o grupo do Valadouro Maseda, que intervirá na sesión vermú, para máis tarde dar paso aos grupos de cantos de taberna e aos pasarrúas de Festicultores Troupe. E sen esquecer aexhibición de baile rexional a cargo da Asociación cultural Amado Lar. Por último, haberá exposición de coches e vespas clásicas polas rúas da vila. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias