El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

A CORUÑA

Os Premios de Teatro María Casares entréganse o mércores 21

16-03-2018 19:28:36
Presentado os Premios de Teatro María Casares.

A Coruña.- A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) adiantou hoxe os principais detalles organizativos da gala dos XXII Premios de Teatro María Casares, para a que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación, entre outros apoios. O Teatro Rosalía Castro da Coruña volverá ser o escenario da cerimonia de entrega, conducida pola compañía Talía Teatro, que este ano celebra os seus trinta anos de traxectoria, e durante a que se festexará, ademais, o 40º aniversario do teatro profesional galego.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou na presentación do evento na Coruña xunto ao alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, e aos representantes da organización e do resto das entidades colaboradoras. Na súa intervención, explicou que a celebración dos Premios María Casares constitúe o foco principal do apoio da Axencia á AAAG como “evento anual que recoñece publicamente toda a creatividade e bo facer dos traballadores e traballadoras da escena”. “Somos conscientes do estímulo que a súa convocatoria supón para a profesión e da visibilidade que, a través destes galardóns, se outorga a todo un ano de labor escénico”, continuou.

Sutil destacou, así mesmo, que esta colaboración se estende ás actividades paralelas de difusión dos premios e mais da figura de María Casares, a gran actriz galega que lles dá nome. Así, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), dependente da Agadic, acollerá na súa sede da Coruña o martes 20, ás 20.30 horas, a proxección da película El testamento de Orfeo, de Jean Cocteu e protagonizada por María Casares. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.


Nove candidaturas para o CDG

O director da Agadic rematou a súa intervención felicitando publicamente a a Rosa Álvarez, quen recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, así como a todos os nomeados e nomeados nesta edición, entre os que se atopan nove dos profesionais do equipo artístico de Martes de Carnaval, produción de 2017 do Centro Dramático Galego (CDG). Este é un dos nove espectáculos que contan con candidaturas nalgunhas das 14 categorías convocadas nesta edición.

O nome dos gañadores irase desvelando no transcurso da gala que dirixirá Artur Trillo e para o que contará co elenco de Talía Teatro (Dani Trillo, Marta Lado, Marta Ríos, María Ordóñez, Xurxo Barcala, Toño Casais, Diego Rey e Rubén Prieto) e cos 15 integrantes do Coro Encaixe. O fío condutor será unha viaxe por estes corenta anos de teatro profesional de Galicia desde un punto de vista cómico.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias