O secretario
xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a continuar coas
mobilizacións en defensa do sistema público de pensións e, nesa liña, apelou a
todos os cargos e militantes do partido a secundaren as concentracións
previstas para o próximo sábado por todo o territorio galego.
E é que, como
advertiu o líder dos socialistas galegos, a dereita está “atacando” ao sistema
público de pensións, pois rachou co Pacto de Toledo e négase a revalorizar as
pensións nun momento en que as cifras macroeconómicas amosan tasas de
crecemento positivas. Por iso o PSOE lle esixiu onte mesmo ao goberno da
dereita a revalorización das pensións no Congreso, e contou cunha maioría
parlamentaria que aprobou esta proposta fronte a un PP que “se esqueceu dos
pensionistas”.
Ante a nova
negativa de Rajoy a asumir este mandato, que tamén lle están facendo chegar
milleiros de cidadáns nas rúas, Gonzalo Caballero animou a toda a sociedade
galega a dicirlle “alto e claro” ao PP que “entenda cales son as prioridades do
país”.
“Nunha Galicia con
taxas de avellentamento comparativamente máis altas e con pensións máis baixas
que no conxunto do Estado, a revalorización das pensións é prioritaria para as
galegas e galegos", subliñou o secretario xeral, quen instou a "que
Feijóo abandone a Rajoy en materia de pensións e se poña do lado dos
pensionistas galegos".
Sobre todo, como
dixo, porque este “ataque ao sistema de benestar” non pode quedar sen resposta,
de xeito que a executiva do PSdeG estará presente nas distintas concentracións
e manifestacións de confluencia convocadas para o día 17.
Alternativa de futuro para asl pensións
“Os socialistas
defendemos un sistema público de pensións fronte a un PP que baleirou a hucha
das pensións e promociona plans de pensións privados”, advertiu Gonzalo
Caballero.
Os socialistas
temos presentado medidas e propostas de futuro cara un novo modelo laboral que
permita salarios e pensións dignas, e a incorporación dun imposto á banca e ás
transaccións financeiras que permita contribuír ao financiamento das pensións.
Ӄ necesario
frear os plans da dereita”, concluíu o líder do PSdeG, antes de apelar á
cidadanía para que acuda o sábado a esixir “unhas pensións dignas” en
consonancia coa “recuperación económica que proclama Rajoy”. Departamento de comunicación