Lugo.- O
Goberno da Deputación abriu o prazo ata o 21 de marzo, inclusive, para
solucionar posibles requirimentos do Ben
Empregado 4, máis social. Está dirixido aos 2.000 lucenses que se
inscribiron nos 186 novos postos xerados polo Executivo Provincial en todos os sectores.
Está publicada en www.deputacionlugo.gal a
listaxe das solicitudes incompletas para que os concorrentes corrixan erros ou
deficiencias e continuar coas súas solicitudes. Poden facelo a través da
Axencia de Colocación (oficina física https://deputacionlugo.portalemp.com/index.php?lng=gl ou ben nos rexistros provinciais.
Aquelas
persoas que non figuren en dita listaxe é porque teñen toda a documentación en
regra ou porque non son aptos para participar no proceso de selección por non
cumprir os requisitos do posto. Rematado o prazo e revisada toda a
documentación por parte dos técnicos da Axencia de Colocación da Deputación
publicarase na www.deputacionlugo.gal a
listaxe de candidatos admitidos, coa correspondente citación a entrevista, e
excluídos. Transcorridos 10 días hábiles comezará o proceso de selección dos
solicitantes aos 186 postos de traballo.
Máis
social
Esta
cuarta edición do Ben Empregado está dotada de 2,1 millóns de euros cos que o
Goberno da Deputación asume todos os custos laborais durante un ano para a
contratación de parados lucenses en empresas e entidades sen ánimo de lucro da
provincia.
O Executivo da Deputación decidiu incluír melloras no Ben Empregado 4 para facelo máis social.
Por exemplo, ás empresas ofreceulles unha primeira liña coa que financiarlles
ao 100% os custos laborais pola contratación de novos traballadores no caso de
seren desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables
(persoas con problemas físicos
ou psíquicos, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos,
ex-drogodependentes ou persoas de etnia xitana).
A segunda liña que lles propuxo consiste no financiamento do 50% dos custos
laborais pola contratación de desempregados lucenses en xeral.
Son
19 as empresas que optaron pola primeira liña e que polo tanto recibirán cada
unha un máximo de 22.000 euros da Deputación para a contratación de 19 lucenses
no paro con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables. 128
decantáronse pola segunda liña e recibirán o 50% da axuda económica da
Deputación para a contratación de 128 desempregados lucenses.
Aos colectivos
sen ánimo de lucro, o Executivo Provincial decidiu ofrecerlles o 90% da axuda
económica cos que asumir todos os custos laborais dos novos traballadores co
obxectivo de contribuír a súa actividade socias. Son 39 asociacións da provincia
as que poderán contratar a 39 lucenses no paro. Departamento de comunicación