El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

A CIG-Ensino reclama 256 vacantes de PT e de AL

15-01-2018 14:43:00

Na pasada Mesa Sectorial na que se negociou a Orde do Concurso Xeral de Traslados a CIG-Ensino conseguiu arrancarlle á Consellaría o compromiso de convocar unha nova mesa para negociar as vacantes que se van ofertar este ano. Após a publicación das vacantes provisionais o sindicato elaborou unha listaxe na que se inclúen as necesidades de profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, encargado da atención a todo o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, tras a pertinente consulta aos centros e ás e aos docentes do corpo de Primaria implicados. 

O pasado 30 de novembro de 2017 a CIG-Ensino remitiulle á Subdirección Xeral de Centros e Recursos Humanos esta listaxe coa reclamación dun total de 256 prazas, das que 110 son de PT en centros de Infantil e de Primaria, 127 son de AL neste mesmo tipo de centros e 19 son de PT en IES. Entendemos que todas e cada unha delas cumpren os requisitos para seren incorporadas na oferta de prazas a adxudicar no presente CXT. A súa incorporación redundaría nunha mellor atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), ao tempo que suporía que todo o profesorado de PT (109) e AL (148) en expectativa de destino ou en prácticas poida obter destinos definitivos. Deste xeito acadaríase unha demanda que desde a CIG-Ensino entendemos como moi positiva tanto desde a perspectiva laboral como educativa: a consolidación de cadros de persoal fixos, reducindo ao máximo a provisionalidade e rematando con diferenzas no tempo de provisionalidade entre as diferentes especialidades do corpo de mestres. 

Neste sentido, cómpre ter en conta que na adxudicación de destinos provisionais (CADP) do actual curso houbo 710 prazas de PT e AL en centros de EI, EP e EE así como 90 de PT e AL en IES. As vacantes que a CIG-Ensino reclama que sexan incorporadas neste CXT supoñen, por tanto, só o 32% do total das vacantes cubertas con destino provisional e responden a diferentes criterios e realidades contrastadas cos propios centros educativos e co profesorado afectado. Hai que ter en conta que non incluímos nesta demanda aquelas prazas que terían carácter itinerante xa que non puideron ser pedidas con ese perfil no prazo de solicitudes do CXT, así como tampouco as vacantes de AL en IES que se manteñen desde hai anos por idéntico motivo. 

Moitas destas prazas, como dicimos, implicarían, un incremento do Catálogo de Postos de Traballo mais non suporían un incremento do número total de profesorado, un tema de momento considerado tabú polo goberno do PP e que contou co aval de determinadas organizacións sindicais de ámbito estatal no mal chamado Acordo de estabilidade do pasado ano. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias