El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG rende homenaxe a Castelao e apela a “ilusión e esperanza” do histórico nacionalista

13-01-2018 18:35:32
Ana Pontón, en Rianxo.

Rianxo.- O BNG rendeu hoxe  unha homenaxe a Castelao en Rianxo para lembrar o seu legado político e conmemorar o 68 anos do seu pasamento en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950. 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón apelou a “ilusión e esperanza” do histórico nacionalista  para recoñecer a Galiza como nación sobre todo , dixo,   ante o reto que se nos presenta  co cambio institucional. Neste debate, recalcou, Pontón,   Galiza non pode quedar no vagón de cola, debe ser protagonista. E se hai alguén que leva anos tirando pedras contra o teito de Galiza é o Goberno da xunta con Feijóo á cabeza. Feijóo dende o minuto un puxo en marcha unha estratexia que conduce á “irrelevancia política” ao noso país e mantén unha postura  “submisa” ante Maríano Rajoy porque  o Presidente da Xunta quere  seguir facendo carreira política. 

“Hoxe non temos goberno”, temos “unha delegación do goberno central en Galiza  e un Presidente irrelevante, “o máis irrelevantes de todos os irrelevantes”. Nestes anos non fallou o país, non fallou a xente, fallou o marco e fallaron os nosos gobernantes.Neste sentido criticou os recortes das  políticas do Partido popular en Sanidade e Educación, o veto da transferencia da AP-9, os retrasos no Ave, unha luz en Galiza máis cara que en España, a gasolina máis cara e a suba de peaxes na autoestrada, estas, dixo, son as consecuencias da “irrelevancia política” á que nos está conducindo Feijóo. 

O PP pode empeñarse en pregoar a fin da crise pero a realidade é ben diferente: Miles de persoas están en paro, a maioría  mulleres, medra a desigualdade e  naceu unha   nova modalidade social: traballadores pobres. Miles  de mozas e mozos vénse  forzados a emigrar, as pensións cada vez teñen menos poder adquisitivo e en Galiza persiste un  grave problema demográfico. 

Para a dirixente do  BNG, todas estas cuestións  deben ser abordadas coa estratexia que denominou das 3 ies, “identidade, innovación e ilusión” co fin   construír unha Galiza que supere o marco “autoanémico”, insuficiente e esgotado, apostar pola modernización asentada no coñecemento e na ciencia e recuperar a ilusión para  romper coa “dependencia e o centralismo”.


Eleccións municipais

Ante a nova cita electoral de comicios locais, a nacionalista afirmou que o “BNG está unido e forte” e conta cun proxecto sólido que defende os intereses de todos os galegos e galegas. “ Temos un ano e seis meses para preparar esa cita. Os gobernos do BNG demostran que temos solucións aos problemas de mobilidade nas cidades, que é posible abaratar o recibo da luz, coidar o noso patrimonio, crear emprego, apostar polo pequeno comercio. No BNG estamos  estamos orgullosas da a nosa lingua e da nosa cultura e sobre todo, estamos convencidas e convencidos de  que é  posible poñer “fin ao caciquismo con gobernos democráticos e transparentes”.


Homenaxe a Castelao

Na homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ana Pontón manifestou que detrás da súa figura “emerxe toda a dignidade do pobo galego”,  e aínda nos nosos días, remarcou, segue sendo “unha figura incómoda” que tenten ocultar e manipular porque saben que Castelao segue “axitando conciencias e espertando vontades”. 

Todos os galegos e galegas temos unha débeda con Castelao e a súa xeración, eles e elas, conformaron o nacionalismo galego e sobre todo unha idea fundamental, “precisamos organizacións sen dependencias de Madrid”. 

Na súa intervención, a nacionalista tamén lembrou o centenario da I Asemblea Nacionalista de Lugo da que leu parte da súa declaración final: “Son chegadol-os tempos d´erguere a y-alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a súa soberanía, compreta e sin cativeces. N-isto non caben discusións: Galicia ten direito,un direito fundamental, a ser dona ausoluta de si mesma. Con vountade ceibe faremos nupcias d´amore con outras soberanías, contr´as que non vai nin quér ire a soberanía nosa”.  

E igual que fixeron Castelao e a súa xeración, temos que estar alerta e levantar a bandeira de Galiza.  Nós, como republicanas galegas sabemos  que a nosa bandeira tricolor é “blanca, e azul cunha estrela vermella. Esta é a nosa bandeira!” e  nosa  bandeira non é para axeonllarse e xurala! A nosa bandeira é para reivindicar a nosa patria natural, a democracia e a liberdade!


A corrupción do réxime, dende a Casa Real aos partidos do Réxime

A dereita española, na súa versión azul ou laranxa, explicou,  defende un estado artificial  para seguir engordando os beneficios das grandes empresas do  IBEX35 e manter o entramado corrupto que se esconde detrás  do réxime do 78. “Unha corrupción que vai desde a Casa Real, até os partidos do réxime, unha corrupción que está tanto na xustiza como no poder político”. 

Unha corrupción que non só está na caixa B do PP, tamén hai corrupciónna factura da luz que dá beneficios multimillonarios as  eléctricas, mentres xente pasa frío nun país no que producimos electricidade a esgalla pero  taméné corrupción regalar as nosas caixas de aforro a un empresario venezolano, mentres deixaron a miles de persoas estafadas pola banca. 

Finalmente, a portavoz nacional do BNG aludiu ao proceso en Catalunya e cualificou de  “escándalo” que persoas permanezan na cadea por defender ideas  mentres, “Urdangarín, Rato ou M. Rajoy  segue sen pasar un día da cadea a pesar de que está demostrado que  roubaron diñeiro público ou cobraron da caixa B”. 

Pontón enviou a  solidariedade do BNG  aos Jordis, a Forn e a Oriol Junqueras presos  por defender ideas por vías pacíficas e democráticas.  Pontón concluíu aludindo a grande conmoción que produciu o asasinato de Diana Quer na parroquia de Asados en Rianxo  e lembrou que  desde 2004 son máis de 800 as mulleres asasinadas no estado español e  cada ano máis de 5.000 galegas poñen denuncias nos xulgados.  Estes datos son soamente a punta do iceberg . Sabemos que a fin da violencia machista non vai vir polo Código Penal, senón que a resposta está na educación e advertiu que as mulleres perdémolo medo e  non imos deixar de camiñar soas polas rúas, nin de noite nin de día. 

Pontón reclamou políticas eficaces contra a violencia de xénero e fuxir do sensacionalismo mediático e social das vítimas de violencia machista. A portavoz nacional parabenizou  o traballo político  da membro da dirección de Galiza Nova, Elvira Blanco e lembrou os cambios introducidos no concello de Rianxo grazas ás medias implantadas polo alcalde nacionalista, Adolfo Muíños  do que dixo é “o mellor alcalde dos últimos 40 anos neste concello”. A homenaxe do BNG a Castelao finalizou cunha ofrenda floral ante o busto do histórico nacionalista no paseo da Ribeira de Rianxo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias