El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Sociedad

O TEMPO

Alerta dun temporal costeiro e de vento de nivel laranxa en todo o litoral galego

09-01-2018 17:01:28

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que comezará a primeiras horas da mañá, 10 de xaneiro, na Coruña, e que se estenderá posteriormente ás provincias de Lugo e Pontevedra. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), agárdase vento do oeste e o suroeste de forza 8 ou 9, con mar combinada do noroeste e ondas de 5 a 7 metros.

Ademais, tamén se activará a alerta laranxa por vento desde primeiras horas da mañá no noroeste da Coruña e na zona da Mariña de Lugo, con refachos máximos de 100 kilómetros/hora.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, xa informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (http://www.axega112.org/), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


Alerta amarela por neve en Ourense

Cómpre recordar que hoxe, 9 de xaneiro, están activas en Galicia unha alerta laranxa por temporal costeiro na costa noroeste da Coruña, así como unha alerta amarela por neve no sur e na montaña de Ourense.Respecto a esta última, téñense detectado incidencias relacionadas coa neve en 5 centros escolares da provincia de Ourense, que afectaron a un total de 152 alumnos. En concreto, suspendéronse as clases no CPI Plurilingüe Laureano Prieto da Gudiña; no CEIP Augusto Assía da Mezquita; no CEIP das Vendas da Barreira en Riós; e no CEIP de Vilariño de Conso. Ademais, houbo 4 alumnos afectados no CEIP Plurilingüe Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós.

A alerta amarela por neve continuará activa mañá desde primeiras horas da mañá no sur e na montaña de Ourense, e estenderase á montaña de Lugo.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias