El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Tellado: "Galicia autovacinouse de gobernos que prexudican seriamente á saúde"

13-12-2017 18:01:02
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Galicia “autovacinouse de gobernos que prexudican seriamente á saúde ao votar ao PP e a Alberto Núñez Feijóo e non a En Marea”, situándose lonxe de posturas irresponsables como as manifestadas por algúns dirixentes das mareas.    

Segundo admitiu, a nosa Comunidade autoprotexeuse de que o debate sobre a  idoneidade de empregar vacinas como método preventivo para o desenvolvemento de determinadas doenzas teña lugar no Consello da Xunta e non nun partido da oposición, “porque non é o mesmo dicir barbaridades nos xornais que no Diario Oficial de Galicia”.   

“Estamos acostumados a que as mareas de Podemos teñan tantos criterios como dirixentes, e que sexa complicado coñecer cal é a súa postura sobre os temas relevantes para a sociedade galega; pero nunca pensamos que a frivolidade dalgúns políticos de dita formación puidese levalos a cuestionar tratamentos que salvan millóns de vidas en todo o mundo”, dixo en referencia ás declaracións da eurodeputada Lidia Senra.   
Para o número dous dos populares galegos, Luis Villares debería ter a autoridade suficiente para contradicir con total claridade aos que queren facer de Galicia un espazo libre de vacinas, sobre todo porque ese mesmo partido defendeu tempo atrás a ampliación do calendario vacinal da Comunidade Autónoma.   

“Se os galegos encargaran formar goberno a Villares e este designara a Lidia Senra conselleira de Sanidade, hoxe teríamos un evidentísimo problema de saúde pública”, advertiu Tellado, ao tempo que sinalaba que, “por fortuna, o único problema que temos é de insolvencia política por parte desta eurodeputada e de irrelevancia orgánica por parte dun Villares que se permite o luxo de ser laxo na valoración deste tipo de insensateces”.   

Así mesmo, o secretario xeral do PPdeG lembrou que a Xunta de Galicia seguirá apostando por un protocolo de vacinas que protexa á poboación, facendo especial fincapé na poboación infantil para evitar aos cidadáns aqueles tipos de enfermidades que poidamos eludir con este tipo de tratamento preventivo. Departamento de comunicación         





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias