El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Ana Pomtón pide a Feijóo que free a reapertura da mina de Touro, "un novo corcoesto"

12-12-2017 14:58:13
Concellos do BNG contra a mina de Touro.

O BNG activa unha estratexia de oposición, denuncia, mobilización e información social contra a reapertura da mina de Touro a través dos concelleiros e das concelleiras dos municipios afectados por este proxecto de megaminería espoliadora e contaminante, que afecta aos concellos de Touro e O Pino, pero tamén ten efectos directos nos concellos limítrofes e da comarca de Compostela e nos municipios regados polo río Ulla que soportaría de cheo a afectación por metais pesados. 

Para frear o que o deputado Xosé Luís Rivas cualificou de “barbaridade”, o Bloque congregou a responsables municipais dos concellos de Touro, O Pino, Rianxo, Catoira, Arzúa, A Estrada, Vila de Cruces, Pontecesures, Dodro, Teo e Santiago para anunciar que se mobilizarán en contra dunha mina cuxo proxecto de reapertura implica a ampliación de 2.000 hectáreas e 120.000 quilómetros  cadrados para facer investigación.  

“Significaría 2.000 voaduras ao ano, o tránsito continuo de camións de alto tonelaxe, balsa de lodos ao lado das casas filtrando contaminación ás augas e ao terreo e con perigo directo para as vivendas e todo nunha área con forte actividade agrogandeira que, ademais, estaba incorporando xente moza”, explicou o portavoz municipal do BNG en Touro, Xan Louzao, “aínda hoxe, trinta anos despois de pechada a mina, as augas dos regatos que verten no Ulla seguen rexistrando unha altísima contaminación de metais pesados”, recalcou. 

Precisamente, a contaminación que soportaría o Ulla fai que o problema medio ambiental, de destrución do tecido económico e de emprego se traslade a outros concellos e afecte á actividade pesqueira e marisqueira na Ría de Arousa. “Rianxo vive do mar principalmente”, explicou a tenente de alcalde deste municipio, Avelina Cés, “por iso estamos en contra deste proxecto que ten en vilo ao sector porque pon en perigo a actividade pesqueira e marisqueira na Ría de Arousa”. 

Con esta mobilización o BNG quere “alertar da dimensión que se esconde detrás deste proxecto de megaminería, auténtica bomba para o medio ambiente, que afecta e miles de veciños e veciñas, que pon en risco miles de empregos na agrogandería e na pesca e marisqueo con risco para a ría máis rica de Europa”, advertiu a portavoz nacional, Ana Pontón, quen está convencida de que a contestación social logrará parar “este novo Corcoesto”. 

“Reclamamos a Feijóo que escoite e que poña os intereses de Galiza por riba da avaricia dunha multinacional denegando os permisos solicitados por transnacional que acumula denuncias por contaminación e por delitos contra o medio ambiente”, salientou a dirixente do Bloque. Lembrou que o proxecto de reapertura acumula máis de 1.500 alegacións, ten a oposición de concellos de todas as cores políticas e unha gran contestación social. 

“Se fomos capaces de parar Corcoesto, tamén temos que ser capaces de parar este proxecto en Touro que reproduce o mesmo modelo de espolio dos nosos recursos naturais cunha minería que leva a riqueza fora e deixa aquí a contaminación”, salientou Pontón, que critica a indefinición da Xunta: “Non sei a que espera o señor Feijóo para frear este proxecto e defender o medio ambiente, a saúde das persoas e aos sectores sector lácteo, marisqueiro e pesqueiro galegos”, recalcou, 

A dirixente nacionalista que se trata dun novo exemplo de depredación mineira  “por que queren esquilmar os nosos recursos, neste caso cobre, non para dar resposta a unha necesidade do país senón para beneficio dunha multinaicional pirata do medio ambiente”. concluíu. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias