El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
CxG

Da Constitución e Alcoa

19-10-2018

O modelo produtivo de Galicia está hoxe de novo en cuestión, mais a realidade é que este modelo non existe e como proba e a recente nova sobre Alcoa na súa factoría de Coruña, recente pero non por iso novidosa. Cada final de ano, dende os EEUU, mandan unha mensaxe lobbista de peche, ou ERE ou de liquidación das factorías alumineiras asentadas en Galicia pero que tributan en Madrid. Unha boa estratexia empresarial, a presión social cos postos de traballo, que supuxo a esta multinacional o ingreso de máis de 1.000 millóns de euros en axudas encubertas para o custe eléctrico, que pagamos todos, dos cales non inviste nas instalacións nin un triste can. 

Cómpre xa que logo, unha acción contundente de defensa dos traballadores e tamén de defensa dos consumidores eléctricos que somos os que pagamos a mala venta feita polo Señor Aznar, un agasallo ós Iankis que por pouco máis 400 millóns, mercaron 14 factorías do grupo INESPAL. 

Para min a solución pasa polo SEPI e por unha acción de nacionalización de esta empresa. O artigo 128.2 da Constitución respalda esta decisión e motivos existen e tamén razóns fundadas, para saír do chantaxe de Alcoa. Imos ver se o goberno de Sánchez é quen de facelo, a Constitución non só é o 135 e o 155.

Gobernos de toda Europa, incluso Alemaña manteñen un sistema de participación en empresas de carácter estratéxico para a economía de cada lugar, o aluminio é un sector punteiro, é de xeito xa que logo preservalo, e tamén apostar pola súa potencia de xerar emprego e investigación.

Case podo crer que o tema é factible, vendo as rápidas manifestacións dos políticos do estado e sendo consciente de que Alcoa carga cun lastre segundo eles. Toca comprobar se o partido “obrero” é quen de defender ós traballadores e leva este tema ó Congreso, como solución total, ou pola contra poñerán un parche económico a unha multinacional, que xa case lle sae tan rendible esta situación como a mesma produción.

Tamén é importante que o Presidente dos galegos, rápido esta vez na mobilización, e gustoso de ir a Asturias, cando a presenza forte de Alcoa está en Galicia, iso di moito da súa defensa do País. Lembre que Alcoa paga en Madrid, por iso como galeguista lle pido que reclame o traslado do domicilio fiscal á Nosa Terra e deixe de preocuparse tanto polas empresas cataláns.

Non quero rematar sen apoiar a esas familias que estes día o están a pasar mal, tamén é importante que todos sexamos conscientes da carga de vivir sempre coa ameaza de real xa non de perder o emprego, senón de perder a túa traxectoria e competencia profesional cando a ameaza é a desaparición de todo o teu sector.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca